Identidade dixital

Que é unha conexión segura?
Como podemos exercer unha cidadanía activa e participativa en Internet?
Que é o sexting? É certo que en Internet non hai fronteiras?

... así máis de 50 preguntas respondidas con rigor pero cunha linguaxe clara e cercana en forma de pequenas pílulas de vídeo e co apoio dunha guía de referencia. Porque todos podemos e debemos ser quen de ter unha identidade dixital coa que nos sintamos a gusto.

Guia da identidade

Do mesmo xeito que todas as persoas necesitamos desenvolver as nosas competencias para manexarnos no medio físico e social, tamén precisamos ser quen de acadar plena autonomía para levar a cabo o noso proxecto vital no mundo dixital. A xestión da nosa identidade dixital, de quen somos para os demais nas redes, quen queremos ser e como percibimos e somos percibidos, require que os máis novos conten co apoio e o acompañamento que normalmente prestamos nas contornas físicas. Pero cando falamos de contornas dixitais, tan efémeras e cambiantes, familias e profesorado atopámonos con dúbidas.
No marco da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 (Educonvives.gal), da man de expertos de recoñecido prestixio tanto nos seus ámbitos de coñecemento como na contorna dixital, abórdanse as dúbidas máis comúns que tanto familias como profesorado ou mesmo o alumnado ten ao respecto de cuestións que teñen que ver coa xestión da identidade dixital.

Descarga da guía

Preguntas

Por que é importante formar cidadáns dixitalmente competentes?

Os proxenitores poden controlar as contas en redes sociais e o correo electrónico/servizo de mensaxes dos seus fillos e fillas

É malo coñecer xente por Internet?

Que é a netiqueta e cales son as súas regras básicas?

De puiderdes dar un só consello ás familias e ao profesorado a respecto da identidade dixital, cal sería?

Cales son os riscos de estafa actuais en Internet e como podemos previlos?

Que son os virus informáticos e como podo defenderme deles?

Como é un contrasinal seguro? Que trucos podo utilizar para xerar e manter contrasinais seguros?

Que é a suplantación de identidade en Internet e que consecuencias ten?

Que son as redes P2P e como funcionan? Todo o que circula nelas é libre. É gratuíto?

As cousas que subimos ás redes sociais como Facebook ou Twitter son privadas, porque só as poden ver as persoas que designamos

Un/Unha menor non pode mercar nada por Internet e, de o facer, a empresa está obrigada a devolverlle o diñeiro

Que é un/unha prosumidor/a? Por que hai que aprender a xestionar a nosa actuación como prosumidores/as?

Como se respectan os dereitos de propiedade intelectual en Internet?

Por que é importante acompañar os nosos fillos e as nosas fillas nas redes e na contorna dixital?

Cal é o modelo ideal para aprender a manexarse en contornas dixitais?

Que habilidades de futuro relacionadas coa identidade dixital debería dominar a mocidade?

Que é a identidade dixital e o personal branding? Como se xestiona de xeito eficaz?

Que é a infoxicación? Como se debe contrastar a información en Internet?

Que é o karma en Internet? Como funcionan os sistemas baseados na reputación?

Como debería ser o uso dos dispositivos móbiles nos centros educativos?

Que é o sexting?

Que posibilidades dá Internet para o crecemento do alumnado como persoas a nivel persoal e profesional?

Que están a supor as tecnoloxías dixitais na vida das persoas con diversidade funcional?

Como é posible axudar a outros a través de Internet. Que medios de participación social existen?

Cal é o mellor modo de previr condutas nocivas en Internet?

En Internet, existen as fronteiras?

Que debemos facer de atoparmos contido non axeitado (pedofilia, incitación ao odio, violencia extrema...) en Internet?

Por que Facebook/Twitter/Instagram/Google... son gratuítos?

Todo o contido publicado en Internet é libre

Como teño que actuar se o meu fillo/a é un/unha ciberacosador/a?

O efecto de grupo é moi importante en redes e pode facer que calquera situación se nos vaia das mans. Que medidas podemos tomar para evitalo?

Cales son os riscos de estafa actuais en Internet e como podemos previlos?

Como podemos saber se unha páxina web ou servizo é seguro?

Que é o phishing?

Cal é a diferenza entre un hacker e un cracker?

Son seguras as wifi públicas?

Que uso dos dispositivos electrónicos ou de Internet se considera excesivo ou problemático?

Que consellos de seguridade en Internet deberían seguir todas as familias?

A partir de que idade é recomendable que os/as menores teñan móbil?

De sermos coidadosos/as é posible controlar o que subimos a Internet e retiralo cando queiramos

É bo que as rapazas e os rapaces teñan o seu propio ordenador? De teren ordenador, que consellos deberíamos seguir como pais e nais?

As nenas e os nenos que naceron despois da popularización dos ordenadores, son nativas e nativos dixitais?

A que idade pode un/unha menor ter WhatsApp/Line/Telegram?

Que é o grooming?

Como integramos o consumo de contidos dixitais nunha infancia saudable?

Cando debe preocuparse unha familia ou o profesorado por un posible uso abusivo de Internet?

Que axuda poden ofrecer os servizos de saúde cando as familias ou os centros detectan que a contorna dixital pode causar problemas ao alumnado?

A imaxe persoal (propia imaxe) está protexida polo dereito á intimidade?

A lei de protección de datos española, como se vincula coas políticas de privacidade?

Calquera persoa pode subir a internet unha foto nosa sempre que non nos etiquete? E se nos etiqueta? E cando se sube a un xornal?

Para poder exercer os nosos dereitos o mellor é utilizar sempre o noso nome real

Se usamos un pseudónimo e facemos declaracións falsas ou vertemos insultos contra alguén que tamén usa pseudónimo, non pode haber delito

Un/Unha menor de 18 anos pode ter conta en redes sociais?

Todo o contido publicado en Internet é libre

Cal é a diferenza entre libre e gratuíto?

Que é o software “pirata”?

Participantes

Alba Alonso

Belén Barragáns

Ma Luz Castro

Enrique Dans

Marcus Fernández

Juan J. Fernández

Ma Carmen Fernández

José Julio Fernández

Luis Fraga

Javier García

Edita de Lorenzo

Olegaria Mosqueda

Javier Pedreira

Antonio Rial

Carmen Amparo Rodríguez

Víctor Salgado

Fernando Suárez