O funcionamento da Aula nova. Workspace do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) rexerase polo protocolo de solicitude e normas de uso que podes descargar aquí abaixo.
Descarga o documento Protocolo e normas de uso
Tes un proxecto en mente? Pensa nos obxectivos que queres acadar, no produto final que vas crear e nos recursos que vas necesitar. Establece un calendario. Tenta pensar na orixinalidade, o deseño e o impacto no alumnado, no teu centro e/ou na comunidade en xeral e expón as ideas con claridade e brevidade.
Ten en conta que terás acceso única e exclusivamente aos materiais, ferramentas e recursos que nos solicites por adiantado, daquela, por favor, fai unha listaxe detallada. Non se permitirá o acceso a material que non estea solicitado por adiantado.
Xunto coa túa solicitude deberás achegar un proxecto no que figuren os seguintes puntos: